Benestar e igualdade

Novas

  • Clausura do Obradoiro de Recuperación da Memoria organizado polo Concello de Fene

    O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, celebrou onte á tarde o acto de clausura do obradoiro de recuperación da memoria incluído no programa de Envellecemento Activo. Un taller enfocado á prevención de patoloxías asociadas a idade ou a enfermidades ou accidentes.

  • O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” con motivo do 28 de xuño, día da diversidade sexual

    O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” que impulsa a Deputación provincial da Coruña con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”. Unha campaña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. No marco da mesma, o Concello agasallará á veciñanza con camisetas conmemorativas e chapas –ata esgotar existencias-. Será mañá venres, 28 de xuño, entre as 10 e as 14 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais.

  • Un total de 679 alumnos e alumnas dos centros educativos de Fene, Mugardos e Neda tomaron parte no programa Cinensino

    Un total de 679 alumnos e alumnas de 13 centros educativos dos municipios de Fene, Mugardos e Neda participaron ao longo das últimas semanas no programa Cinensino que impulsaron os tres concellos ao abeiro do proxecto de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde no eido local e co apoio da Consellería de Sanidade. Esta semana chegaba ao seu fin por este curso, cos últimos visionados nos centros dos filmes seleccionados (“Coco” para Educación Primaria e “Una bolsa de canicas” para Secundaria).

Ver máis