Novas

16-02-2018 -

Visita a Navantia Fene do Obradoiro de emprego INICIA II

A directora e o alumnado traballador do Obradoiro de emprego de garantía xuvenil INICIA II, na especialidade de “Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial”, visitaron onte as instalacións de Navantia Fene (antiga ASTANO)
16-02-2018 -

O Concello de Fene presenta os XXII Premios Curuxa do Humor

Coa publicación no BOP das bases do XXII concurso de humor gráfico “Curuxa do humor”, abre hoxe o prazo de presentación de debuxos para este certame que organizan a Concellería de Cultura e o Museo do Humor de Fene. 
15-02-2018 -

O Concello eliminará as verteduras na ría procedentes do barrio de San Valentín

A licitación das obras publicouse o luns desta semana no Perfil de Contratante do Concello e tramitarase mediante procedemento negociado con publicidade. As empresas teñen ata o próximo día 21 para presentar as súas ofertas.
12-02-2018 -

Aviso de cortes de tráfico durante o desfile de comparsas do mércores de cinza

A Policía Local de Fene propón rutas alternativas para os conductores que precisen circular pola Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais de Fene dende as 17.45 ás 19.00 horas. Ademais, a rúa Río Cádavo -onde se concentrarán as comparsas que participarán no desfile- manterase pechada ao tráfico dende as 17.30 ás 18.15 horas.
08-02-2018 -

A Casa da Cultura de Fene abrirá só en horario de mañá o luns e o martes de Entroido

A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da celebración do Entroido.
06-02-2018 -

Catorce comparsas desfilarán no entroido de Fene

As agrupacións participantes sairán o mércores 14 de febreiro ás 18.00 horas de Perlío (Aguilar), percorrendo a Avda. Marques de Figueroa, Avda. Naturais e Avda. do Concello. 
05-02-2018 -

Prata para Fene

A xornada do club atletismo Fene completouse nesta fin de semana coas excelentes actuacións de Juan Rejas e o equipo composto por Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fer Garea.
05-02-2018 -

O período medio de pagamento a provedores situouse en Fene en 24,46 días durante o cuarto trimestre de 2017

Os datos de morosidade e do período medio de pagamento a provedores acadados no último trimestre de 2017 veñen confirmar a boa marcha do ano no cumprimento das obrigas con provedores
01-02-2018 -

O Concello mellorará a seguridade na Rúa Alta cun novo firme e pasos peonís sobreelevados

Os servizos técnicos municipais teñen aberto o procedemento de contratación das obras de reparación da Rúa Alta, en Perlío, orzamentado en algo máis de 78.000 euros, ive incluído.
30-01-2018 -

Participación do club atletismo Fene no Campionato Galego de Cross

O 28 de xaneiro de 2018, no circuíto de O Aguillón na  Rúa, déronse cita os mellores clubes de Galicia no Campionato de Cross Curto por equipos. Entre eles estaba o Clube Atletismo Fene, representado por sete atletas.