Novas

12-03-2015 -

A Policía Local informa de restriccións ao tráfico por mor das festas que se celebran en Perlío

A Policía Local de Fene informou esta mañá de que, por mor das festas que se celebrarán en Perlío, dende este venres, 13 de marzo, a partires das 15 horas e ata as 15 do sábado 14, permanecerá cortada ao tráfico a Avenida de Tarrío nos seguintes tramos: cruce da rúa San Salvador con paralela San Esteban e Río Cádavo; cruce San Salvador con rúa Alta e Avenida de Tarrío dende a altura dos números 39 (esquina colexio Jorge Juan) e nº 38 (Bar As Vegas). De igual xeito, infórmase de que no tramo con restriccións á circulación, e no mesmo horario, prohibiráse o estacionamento de vehículos.
12-03-2015 -

O Concello organiza este venres unha nova sesión do programa de ocio educativo In Fene

Celebraráse no local da AVV de Perlío baixo o título “Quérome, non me quero”
12-03-2015 -

Fene, escenario este sábado das recreacións teatrais de "Historias ao longo do Camiño Inglés"

O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, lembra que este venres remata o prazo para participar na iniciativa que promove Ti e Máis Eu Teatro.
11-03-2015 -

Arrinca o obradoiro de radio para nenos que organiza o Concello con todas as prazas cubertas

A edil Rocío Bértoa destaca que a Concellería de Cultura promove esta actividade gratuíta para conmemorar a Semana da Prensa
10-03-2015 -

O Concello propón á veciñanza adestramento personalizados con "Running para Tod@s"

A concelleira Rocío Bértoa presentou a novidosa iniciativa que permite aos participantes descargarse dende un espazo web propio adestramentos persoais, asesoramento sanitario ou facer rutas en grupo. As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa.
10-03-2015 -

O Concello leva ao colexio Jorge Juan e ao IES de Fene o programa Cine e Saúde

A través da proxección de películas, o proxecto educativo busca previr o consumo de alcohol e outros trastornos adictivos no eido escolar
09-03-2015 -

Fene leu ás mulleres e reivindicou o papel das veciñas que axudaron a construír o municipio no Día Internacional da Muller

Os actos organizados pola Concellería de Igualdade celebráronse o pasado venres
09-03-2015 -

O Concello inicia este luns a pavimentación da rúa Eduardo Neira

O alcalde, Gumersindo Galego, avanzou que o Concello investirá preto de 12.000 nesta intervención, que permitirá mellorar o vial, ubicado na parroquia de Perlío
09-03-2015 -

Concello e asociacións presentan a Guía Vén a Fene! cos máis de 150 actos que se desenvolverán no municipio ao longo do 2015

O alcalde, Gumersindo Galego, destaca que, por primeira vez, Concello e entidades fenesas consensuaron o calendario para evitar coincidencia de datas.
O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, agradeceu a implicación do movemento asociativo e anunciou unha tirada de 3.000 exemplares.
06-03-2015 -

O Concello constrúe unha rampa de acceso á capilla do cemiterio para facilitar a accesibilidade

O alcalde, Gumersindo Galego, explica que o obxectivo da actuación no camposanto é facilitar o acceso de persoas maiores ou con problemas de mobilidadeAo remate da actuación, o Concello anuncia a construcción doutra rampa na antiga escola de Chamoso, sede actual da asociación de amas de casa do municipio.
Avanza que os operarios retomarán as labores de acondicionamento dos pasos elevados a próxima semana se se manteñen as boas condicións climatolóxicas