Novas

04-03-2015 -

A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de radio gratuíto para nenos de 8 a 12 anos

A edil Rocío Bértoa invita aos rapaces a inscribirse, até o día 9 de marzo, na Biblioteca Municipal e sinala que con esta actividade conmemoraráse a Semana da Prensa
02-03-2015 -

O Concello convoca o I Concurso de Carteis "Encontro de Lavandeiras de Sillobre"

O edil de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que a obra gañadora anunciará o certame que organizará por segundo ano consecutivo o ConcelloOs interesados en participar poden presentar os seus traballos ata o 10 de abril
27-02-2015 -

Selección, convocatoria e nomeamento de tribunal para un proceso selectivo: bibliotecario/arquiveiro

Publicado no BOP do 27 de febreiro as bases de selección, convocatoria do proceso selectivo e nomeamento de tribunal para a cobertura dunha praza de bibliotecario como funcionario interino do Concello de Fene, grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala: técnica; nivel: medio, mediante o sistema de oposición libre, e para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas interinas da dita praza ou da praza de axudante de arquivo-arquiveiro do grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala: técnica; nivel: medio.
27-02-2015 -

O Concello programa a exposición de humor gráfico "Magola, 20 años sin pelos en la lengua"

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanza que a mostra da caricaturista colombiana máis internacional, Nani Mosquera, abriráse ao público este luns.
27-02-2015 -

O Concello de Fene habilita na Biblioteca Municipal o Espazo Rosalía

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, invita á veciñanza a achegarse ao mundo da poetisa galega a través da súa obra
26-02-2015 -

O Concello organiza este venres unha nova sesión do programa de ocio educativo In Fene

Celebraráse no local da AVV de Perlío baixo o título “De Película”
26-02-2015 -

A AVV de Magalofes entrega á Cociña Económica a recadación da venda de postres no I Mercado Solidario de Fene

Representantes da entidade veciñal, acompañados do alcalde, Gumersindo Galego, fixeron entrega onte do donativo
26-02-2015 -

O alcalde de Fene supervisa os traballos de xardinería realizados polos participantes no taller de emprego "Reinicia"

Gumersindo Galego desprazouse ao paseo marítimo de San Valentín, onde os alumnos recrearon con prantas e arbustos o casco dunha embarcación Reinicia é un proxecto conxunto de Ares, Cabanas e Fene para facilitar o acceso ao mercado de traballo de desempregados mellorando a súa formación
25-02-2015 -

O Concello reemplazará 60 colectores de lixo, vidro e cartón en todo o municipio

O alcalde, Gumersindo Galego, anuncia a posta en marcha dunha campaña informativa para favorecer a separación en orixe e reciclaxe entre a veciñanza
25-02-2015 -

Fene acolle a campaña contra a violencia de xénero "No amor non todo vale"

O alcalde, Gumersindo Galego, invita á veciñanza a participar este venres no acto, que incluirá títeres e contacontos para os máis pequenos; zumba; música; monólogos, un taller de defensa persoal e lectura de manifesto.
Baixo unha carpa na praza do Concello, os asistentes poderán participar nun photocall e dar difusión ás imaxes nas redes baixo o hashtag #nonaviolencia