Novas

19-02-2019 -

Conclúen as obras para poñer fin ás inundacións no peirao de Barallobre

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou do remate das obras para poñer fin aos anegamentos que, ata a data, se viñan rexistrando nas vivendas da zona baixa da Ribeiroa, no peirao de Baralllobre. Os traballos contaron cun orzamento de 9.000 euros e consistiron na renovación das canalizacións do río nun tramo de 10 metros, coincidente co treito final.
18-02-2019 -

Charla sobre alzheimer no CMIU de Fene

O salón de actos do CMI Unidade de Fene albergará este martes 19 de febreiro unha charla informativa sobre alzheimer a cargo de AFAL Ferrolterra. A ponencia, que dará comezo ás 18,30 horas con entrada de balde, está organizada pola entidade social en colaboración co CMI e o departamento municipal de Servizos Sociais do Concello.
18-02-2019 -

O Concello conclúe os traballos de acondicionamento da rúa Ameneiral

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de acondicionamento do firme e ampliación de beirarrúas na rúa Ameneiral e a mellora dos viais de acceso á escola de Magalofes e estrada de entrada ao polígono industrial de Vilar do Colo. Intervencións incluídas no PAI 2016 Complementario da Deputación provincial da Coruña. En suma, o orzamento das intervencións ascendeu a 20.495,07 euros.
15-02-2019 -

O Concello ofrecerá no Día de Rosalía unha degustación do “Caldo de Gloria” segundo a receita que a escritora legou no seu poema “Miña casiña, meu lar”

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá a completa programación de actos previstos polo Concello para conmemorar en Fene o Día de Rosalía, que se celebrará o 24 de febreiro. Pero, previamente á xornada central, dende este luns 18 e ata o domingo 24, a Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé albergará unha exposición de fondos bibliográficos con obras da autora galega ou sobre ela. Así mesmo, o Concello está a distribuír por todo Fene, e con especial atención aos establecementos hostaleiros, un díptico coa receita do “Caldo de Gloria”.
15-02-2019 -

O Concello propón vir a San Valentín este sábado para participar nunha sesión vermú co grupo “Los Bitch Boys”

Arranca a programación de “Vén a Fene” este sábado, 16 de febreiro. O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, convida a veciños e visitantes a disfrutar en San Valentín da sesión vermú organizada polo Concello de Fene, en colaboración coa asociación Centolos, no marco das festas patronais do barrio. Arrancará ás 14 horas no CPS e contará coa actuación estelar do grupo “Los Bitch Boys”. A entrada é libre e gratuíta.
14-02-2019 -

Máis de 260 judokas tomarán parte na xornada “Xogajudo” este sábado en Fene

O pavillón polideportivo de A Xunqueira acollerá este sábado 16 de febreiro a xornada “Xogajudo” da zona Lugo e Ferrol. A cita arrancará ás 11 horas e prolongarase ata as 13 e, nela, prevese a participación de 263 judokas. O campeonato está patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a organización corre por conta da Federación Galega de Judo, coa colaboración do Concello de Fene.
13-02-2019 -

Charla sobre o alzheimer este venres en Limodre

AFAL Ferrolterra e a Asociación de Veciños de Limodre, en colaboración co Concello de Fene, organizan este venres unha charla informativa sobre o alzheimer. Será no local social da entidade veciñal, a partir das 18,30 horas e con entrada libre. A iniciativa forma parte do calendario de charlas que está a desenvolver AFAL no municipio de Fene para achegar á veciñanza esta doenza e os servizos que a asociación pon a disposición de persoas afectadas e familias.
12-02-2019 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este mércores e xoves

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Fene este mércores e xoves, 13 e 14 de febreiro. O mércores, permanecerá diante do centro de saúde en horario de tarde –de 15,30 a 21 h- e, o xoves, durante todo o día –de 9,30 a 14,30 h e de 15,30 a 21 h-. Dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.
12-02-2019 -

A Guía municipal “Vén a Fene” recolle preto de 170 propostas de lecer para disfrutar do municipio os 365 días do ano

O alcalde, Gumersindo Galego, e o concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, presentaron en rolda de prensa a Guía de Ocio “Vén a Fene 2019”, na que se recollen preto de 170 propostas de carácter cultural, deportivo, gastronómico… de lecer en definitiva para visitar e disfrutar de Fene os 365 días do ano. Aínda así, a cifra medrará sen dúbida, xa que tal e como explicou Juan José Franco o departamento municipal de Turismo tan só incluíu as propostas ideadas polo Concello ata o mes de abril, incluído. Quérese deste xeito respetar a próxima cita electoral. A partir de maio, a guía recolle unicamente as iniciativas previstas polo movemento asociativo, múltiples e variadas. Saíron de imprenta 3.000 exemplares que o Concello repartirá entre as entidades do municipio, entidades supramunicipais e tamén a veciñanza en xeral, que poderá facerse cunha delas tanto no Concello como nas instalacións municipais. Ademais, colgarase na web municipal.
08-02-2019 -

O Concello de Fene abre a inscrición no Festival de Comparsas de Entroido 2019

Fene acollerá o mércores 6 de marzo o seu tradicional desfile e festival de comparsas de Entroido e, para fomentar a participación, este ano a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanza un incremento da partida reservada para axudas ás comparsas, dos 6.500 euros do 2018 aos 7.500 deste ano. O prazo para apuntarse está aberto e debe formalizarse no Rexistro Xeral do Concello con anterioridade ás 14 horas do martes 26 de febreiro.